miércoles, 14 de noviembre de 2012

Os puntos de encontro

Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar no Punto de Encontro de Santiago
Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen por finalidade facilitar o cumprimento do réxime de visitas e favorecer o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias. O primeiro Punto de Encontro de Galicia é do ano 1999, e creouse en Vigo, o ano seguinte abríronse os de Ourense e A Coruña. O primeiro que se abríu en todo o Estado foi en 1994 en Valladolid.

Os tipos de intervención que realizan os puntos de encontro familiar son:
  • Intercambio de menores: A supervisión da entrega e recollida da ou do menor no punto de encontro familiar cando o réxime de visitas non se vai a executar no devandito centro.
  • Visitas tuteladas. Visitas que se desenvolven de forma controlada baixo a supervisión e presenza continuada dunha persoa profesional do equipo técnico do centro.
  • Visitas sen supervisión. Visitas que se desenvolven no punto de encontro familiar pero sen requirir a supervisión directa ou presenza continuada do equipo técnico, especialmente en casos en que a persoa que ten o dereito de visita careza de vivenda na localidade ou esta non reúna as condicións idóneas.
  • Deseño e desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado de intervención coas familias e asos menores, que teña como obxecto final conseguir a normalización das relacións familiares.
  • Orientación e asesoramento familiar proporcionando información, atención e apoio a nais, pais e menores, favorecendo a creación de relacións familiares excelentes e de actitudes positivas.
Algnhas páxinas de interese sobre os Puntos de Encontro:

No hay comentarios:

Publicar un comentario