miércoles, 14 de noviembre de 2012

Os puntos de encontro

Beatriz Mato, conselleira de Traballo e Benestar no Punto de Encontro de Santiago
Os puntos de encontro familiar son recursos que teñen por finalidade facilitar o cumprimento do réxime de visitas e favorecer o dereito dos e das menores a relacionarse con ambos os proxenitores e coas súas familias. O primeiro Punto de Encontro de Galicia é do ano 1999, e creouse en Vigo, o ano seguinte abríronse os de Ourense e A Coruña. O primeiro que se abríu en todo o Estado foi en 1994 en Valladolid.

Os tipos de intervención que realizan os puntos de encontro familiar son:
  • Intercambio de menores: A supervisión da entrega e recollida da ou do menor no punto de encontro familiar cando o réxime de visitas non se vai a executar no devandito centro.
  • Visitas tuteladas. Visitas que se desenvolven de forma controlada baixo a supervisión e presenza continuada dunha persoa profesional do equipo técnico do centro.
  • Visitas sen supervisión. Visitas que se desenvolven no punto de encontro familiar pero sen requirir a supervisión directa ou presenza continuada do equipo técnico, especialmente en casos en que a persoa que ten o dereito de visita careza de vivenda na localidade ou esta non reúna as condicións idóneas.
  • Deseño e desenvolvemento dun programa psicosocioeducativo individualizado de intervención coas familias e asos menores, que teña como obxecto final conseguir a normalización das relacións familiares.
  • Orientación e asesoramento familiar proporcionando información, atención e apoio a nais, pais e menores, favorecendo a creación de relacións familiares excelentes e de actitudes positivas.
Algnhas páxinas de interese sobre os Puntos de Encontro:

Residencias de tempo libre

Son complexos residenciais destinados ao gozo do ocio e do lecer das familias, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, situados en Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), que se poñen a disposición da poboación para o goce de estadías no período estival (xullo, agosto e primeira quincena de setembro).
A adxudicación das prazas efectuase por sorteo de datas, que será público e terá lugar ante a xefa ou o xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar correspondente á provincia na que están situadas as residencias.

Estas residencias ofertan:
  • Servizo de residencia: aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias.
  • Servizo para non residentes: servizo de comedor para familiares e amigas/os das persoas residentes que veñan visitar a instalación.

Panxón (Pontevedra)
 Residencia de tempo libre O carballiño (Ourense)





Programas para a educación familiar

Son programas que pretenden detectar e anticiparse ás situacións de dificultade social, dotando ás familias das competencias necesarias que favorezan un axeitado exercicio das funcións familiares e faciliten procesos de autonomía, responsabilidade e participación social das persoas, grupos e comunidades.
 Os programas son desenvolvidos por persoal técnico especializado no traballo con familias, que forman parte do equipo de servizos sociais comunitarios dos concellos e polos equipos técnicos de Tecendo Redes das Oficinas de I+B.

Os seus obxetivos son:
  • A intervención social individualizada de carácter integral en núcleos familiares que se atopan en situación de dificultade social ou risco.
  • Ter un carácter integral, de xeito que se estableza unha diagnose individual de cada núcleo familiar obxecto da intervención, así como a planificación de actuacións encamiñadas a superación da situación que presente o núcleo familiar.
  • Ter un carácter continuado co fin de acadar os obxectivos propostos para cada núcleo familiar,
  • Establecer mecanismos de coordinación cos recursos e servizos existentes na zona que interveñen nalgún aspecto da vida familiar.
  • Tratar de fomentar a participación da cidadanía, a creación de grupos e o desenvolvemento comunitario con actuacións de prevención, formación e sensibilización social abertas á comunidade. 



www.familiasgalegas.org


Servizo de canguros

O servizo de canguros permite conciliar a vida familiar e laboral, xa que é un servizo no que se oferta o coidado dos menores no seu propio fogar mentres as persoas adultas da familia non poden realizar esta función.
En Europa ten unha regulación diferente segundo o país. No Estado Español non está regulamentado polo que soe estar exercido por persoas sen cualificación e asociado á realización doutras tarefas de carácter doméstico, como limpeza do fogar ou preparación da comida.



Orbita Infantil ocio y tiempo libre en la infancia. Bertamiráns, Ames (A Coruña)


Para saber máis acerca de Orbita Infantil deixovos o seguinte enlace:
orbitainfantil.com

lunes, 12 de noviembre de 2012

Gabinetes de Orientación Familiar

Belén Vázquez Roel Psicóloga.(La Coruña)

Licenciada en Filosofía e Letras, Sección de Psicoloxía, pola Universidade Central de Barcelona.
En 1980 inicia o seu traballo no Gabinete psicolóxico.

Os Gabinetes de Orientación Familiar (GOF) son un recurso especializado no apoio e na promoción da calidade de vida das persoas e das familias, e na atención e prevención das diferentes situacións problemáticas que se poidan dar no ámbito da convivencia cotiá. Están dirixidos a todas aquelas persoas con residencia en Galiza que consideren que na súa familia existe algún conflito: de parella, entre nais e pais e fillas e fillos ou coa familia extensa.Os GOF só poderán actuar por petición directa e voluntaria das persoas que así o requiran


As súas funcións son:
  • Informar e asesorar tecnicamente ás persoas sobre as problemáticas sociais, psicolóxicas e xurídicas nas que puidesen estar envoltas na súa unidade de convivencia.
  • Proporcionarlles ás familias o acceso aos recursos axeitados ás súas necesidades.
  • Dotar ás persoas e ás familias das habilidades necesarias para afrontar as súas necesidades.
  • Evitar a instrumentalización das fillas e dos fillos ante as diferentes situacións de conflitividade.
  • Restablecer e/ou mellorar as relacións entre nais e pais e as súas fillas e fillos menores, favorecendo formas de comunicación eficaces e respectuosas entre eles.
  • Potenciar o recurso da mediación familiar como procedemento válido para a resolución de conflitos e para acadar acordos mutuamente aceptados.

Oficinas de Igualdade e Benestar.



Son oficinas situadas en diferentes localidades de Galiza desde as que se ofertan os servizos e programas que desenvolve o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, sedes dos equipos de Igualdade, de Inclusión e do Plan da Infancia e da Adolescencia. Dende elas traballase a prol da dinamización da igualdade de xénero no territorio, así como en favor da inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos e no apoio á educación familiar a través do programa Tecendo Redes.

As súas funcións son:
  • Impulsar o tecido dunha rede galega para a educación familiar. 
  • Favorecer a unificación dos criterios de actuación no desenvolvemento do programa.
  • Potenciar a capacitación e o desenvolvemento profesional do persoal técnico que desenvolve o programa. 
  • Promover o desenvolvemento dunha identidade profesional, que unifique os perfís, funcións e competencias do persoal que desenvolve o programa. 
  • Visibilizar as políticas públicas de apoio ás familias e as boas prácticas desenvolvidas no programa. 
  •  Sensibilizar á comunidade ante as diversas realidades familiares.
  • Facilitar procesos encamiñados a dar respostas integrais e integradoras ás realidades familiares dende os diferentes servizos e recursos que interveñen nalgún aspecto da vida das familias.
  • Promover unha cobertura homoxénea e integral dos servizos públicos de apoio ás familias.   
www.igualdadebenestar.org